Sunday 05 de May de 2024

Primaveira no Camiño


O encoro de Beche acolle ao longo do día de hoxe unha xornada repleta de actividades da Primavera no Camiño Inglés.

Unha programación na que se incluíron rutas a cabalo, a pé e en bicicleta, así como unha ampla oferta cultural e gastronómica.

Á inauguración institucional acudiu o alcalde en funcións do Concello de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, acompañado das autoridades representantes das entidades participantes neste evento: Antonio Leira, deputado provincial; José Ramón Rioboo, alcalde en Funcións do Concello de Culleredo; Juan Carlos Lovelle, concelleiro en funcións de Festas do Concello de Culleredo; Manuel Vázquez Faraldo, alcalde en funcións do Concello de Miño; José Manuel Pantín, concelleiro de Deportes en funcións do Concello de Miño; Moisés Naranjo, xerente do Consorcio de Turismo do Concello da Coruña; Pablo Beade, edil de Turismo en funcións do Concello de Betanzos.

O alcalde de Abegondo en funcións, José Antonio Santiso Miramontes, sinalou a relevancia “deste evento, que se celebra de maneira anual e no que o visitante se pode atopar cos recursos patrimoniais, naturais, gastronómicos e paisaxísticos de toda unha provincia”, á vez que sinalou a “relevancia este 2023 da Reserva de Biosfera como entidade participante logo de recibir o recoñecemento de Destino Starlight”.